| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Igrexa de planta de cruz latina con sancristía acaroado ao lado norte, construída no século XVIII e de estilo neoclásico, aínda que podemos ver elementos de típica adscrición ao barroco coma a ornamentación dos laterais da porta con molduras e orelleiras, fornelo sobre a porta principal e espadana semellante a outras igrexas do mesmo estilo. Dúas imaxes en alto-relevo flanquean a porta principal e outras máis pequenas na porta que dá a sancristía no lado norte. Na fachada e dentro dunha fornela vemos a imaxe de San Martiño de Tours e enriba desta unha ventá cadrada dá luz ao interior do templo. Espadana de dous ocos con arcos para as campás e balaustrada na parte inferior que remata en edículo con oco e pináculo de bóla na cima, dúas grandes cornixas voadas separan os corpos e van adornadas con pináculo piramidais nos estremos. Hai un reloxo de Sol na esquina da fachada cara o muro sur. A carón dela hai unha pequena carballeira cunha fonte. |
---|
Estado actual |
Bó. |
---|
Campás |
2 Campás. |
---|
AutorVIEITES, Elixio (Patrimoniogalego.net) (14-04-2014) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (27-05-2023) |
|