Inventario de campás
Igrexa de San Lourenzo de Sasdónigas - MONDOÑEDO (GALICIA)
Referencia 13058
Lugar do Chao do Monte, Ao Pé do Monte, 12 (Sasdónigas)
27791 MONDOÑEDO
Referencia 13058
Lugar do Chao do Monte, Ao Pé do Monte, 12 (Sasdónigas)
27791 MONDOÑEDO


Descricion Igrexa situada ao norleste do núcleo de Chao da Aldea-Pé do Monte. A edificación, realizada en muros de mampostería de pedra enfoscados e pintados, está composta por catro corpos de planta rectangular e diferentes alturas. Cuberta de pizarra a dúas augas na nave e no cruceiro, e a tres no ábside e no espazo de acceso, con pináculos en todo o perímetro.
Acceso principal dende os laterais do corpo anexo á fachada principal. Existe ademáis un acceso directo á nave dende a fachada norte. Ventás abocinadas nas dúas fachadas laterais e espadana dun só corpo con arco de medio punto entre pilastras esbeltas con pináculos de bola nos laterais e un pináculo central de maior dimensión que sostén a cruz de ferro central.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-06-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | PORTILLA LINARES, EDUARDO Y MARCOS | 1973 | 45.00 | 53 |