Igrexa de Santiago de Goiriz - VILALBA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Goiriz - VILALBA (GALICIA)

Referencia 13127

Lugar do Campo de Cristo
27840 VILALBA


Descricion Edificación relixiosa do século XVI con reforma parcial no XVIII feita a base de cantaría granítica cos panos en branco, con planta rectangular dunha soa nace e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Nun dos laterais podemos ver unha zona porticada con porta de acceso ao interior.
A fachada principal presenta porta de acceso lintelado sobre o que se pode ver un grabado composto dunha cruz e un corazón. Por riba dela unha fiestra de sección cadrada. Máis arriba unha fornela sen imaxe. O conxunto remata cunha espadana de dous corpos e tres ocos.
Na porta de acceso da zona porticada existe unha placa de madeira coa seguinte inscrición: “Iglesia de Refugio. Año de 1773”. Dita placa fai referencia ao dereito de refuxio dos perseguidos pola lei.

Campás 2 campás.

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (01-08-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-06-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 29-06-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)18920.00
    EspadanaMenor.BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)18520.00