| Data de construción |
Século XIX. |
---|
Descricion |
Templo de planta rectangular dunha soa nave cunha capela a menor altura e unha sancristía acaroada ó muro Oeste da capela. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e a capela e a unha sobre a sancristía, todas con cubrición de lousas de xisto.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso ábrense duás xanelas xemelgas de arco apuntado e sobre elas un pequeno óculo. Rompendo o vértice do pentágono unha pequena base para unha espadana de forxa da que pendura unha campá elaborada en 1955 polo Irmáns Ocampo en Caldas de Reis. |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (03-05-2020) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-07-2023) |
|