Igrexa de Santa María de Ordoeste - A BAÑA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Ordoeste - A BAÑA (GALICIA)

Referencia 13260

Ordoeste, 7.
15863 A BAÑA


Descricion Igrexa construída en diferentes etapas pero no que destaca o estilo barroco e o neoclásico da torre do campanario. Dunha soa nave e co presbiterio destacado do resto do edificio na súa altura. Tellado a dúas augas e cuberta con tella do país. Fachada sinxela e carente de adornos onde se abre unha porta alintelada, con molduras nas xambas, e un gran van rectangular con cristais por enriba dela. No medio das dúas unha cruz de mármore, e rematando o cume unha cruz sinxela de pedra. Torre do campanario de tres corpos, acaroado á fachada, que arranca de base cadrada con pilastras e remata en cornixa saínte. O primeiro corpo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás. O segundo octogonal con catro ocos e o terceiro confórmao unha pequena cúpula rematada en pináculo de bóla. As esquinas do tellado van adornadas co mesmo elemento de decoración.

Campás 2 campás.

Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (19-07-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-04-2021)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 11-09-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (2)SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)182050.0072
    Torre-campanarioCampá maior (1)PALACIO, DÁMASO184655.0096