Inventario de campás
Igrexa de Santiago Apóstolo de Loroño - ZAS (GALICIA)
Referencia 13270
Lugar Loroño, 3.
15856 ZAS
Referencia 13270
Lugar Loroño, 3.
15856 ZAS


Descricion Construída no século XVIII. Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cadeirado e cachotaría recebados, cuberta a dous e tres augas e tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, ten unha porta alintelada, unha fornela coa imaxe do Patrón e unha ventá. Sancristía pegada á ábsida. Espadana dun corpo composta de tres machóns e dous arcos de medio punto. Ten retablos do s. XVIII con imaxes no interior.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-09-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá pequena (1) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1911 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Campá grande (2) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1904 | 70.00 | 199 |