Inventario de campás
Capela da Virxe dos Remedios da Miñoteira - A CAÑIZA (GALICIA)
Referencia 13297
Lugar da Miñoteira, 22.
36883 A CAÑIZA
Referencia 13297
Lugar da Miñoteira, 22.
36883 A CAÑIZA

Descricion Ermida feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con tella do país. Posúe pináculos nas esquinas.
Na fachada principal podemos ver un lenzo con pilastras nos laterais, cunha porta de acceso enmarcada e dúas fiestras cadradas aos lados. Un frontón triangular da paso a unha pequena espadana dun só arco con remates en pináculos e cruz pétrea.
Posúe tamén unha pequena porta lateral.
No interior podemos ver as imaxes da Virxe dos Remedios e a de San Brais.
A construción posúe unhas medidas de 10.70 m. de largo por 7 m. de ancho, sendo a súa altura de cornixa duns 3 m.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1950 | 40.00 | 37 |