Inventario de campás
Igrexa de San Tirso de Mabegondo - ABEGONDO (GALICIA)
Referencia 13330
Rúa da Igrexa, 45.
15318 ABEGONDO
Referencia 13330
Rúa da Igrexa, 45.
15318 ABEGONDO


Descricion Igrexa de estilo barroco, posúe unha planta en cruz, cunha soa nave, destacando que o brazo transversal da cruz sitúase case no medio da nave principal. Os muros son de carga e, interiormente, móstranse revocados e pintados de branco, con excepción de arcos e zócalo que bordea o espazo interior da nave. Tamén se emprega cantería á vista para defini-las esquinas e enmarca-los ocos. A cuberta é a dúas e tres augas, con cubrición de tella curva do país.
Interiormente, tres arcos de medio punto, situados no cruceiro, delimitan os espazos das dúas capelas laterais e o presbiterio. Estes presentan, xunto co da nave principal, unha estrutura aérea abovedada, levada a cabo en madeira. O coro alto tamén está realizado en madeira.
No exterior, a decoración concéntrase na fachada, de cantería á vista. Esta presenta unha composición simétrica de proporcións case cadradas, o que a diferencia do conxunto arquitectónico de carácter relixioso desta zona. A porta principal posúe un lintel moldurado con decoración de orelleiras, e sobre ela unha pequena xanela, que mostra a mesma decoración ca da porta. O cadrado péchase na cornixa, da que parte unha balaustrada de pedra que se interrompe na súa parte central para dar paso a unha esvelta espadana de dous corpos que presenta unha leve decoración de aplacados na súa parte alta e un remate en pináculos. O cemiterio está dentro do recinto do adro.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876) | 1843 | 57.00 | 107 |
| Espadana | Maior. | HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876) | 1843 | 68.00 | 182 |