
| | Descricion |
Edificación relixiosa construída en diferentes fases a base de cantaría granítica labrada e escuadrada e cachotaría granítica. Posúe planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas.
A fachada principal (do século XVIII) presenta unha porta de aceso alintelada e enmarcada . Por riba dela unha fiestra cadrada. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos.
No interior da igrexa destaca a súa nave de pequenas dimensións do século XII e ampliada no XVI. Nun dos seus laterais existe unha porta de aceso dovelada de época románica na que podemos ver unha cruz gravada e un anagrama (Iesus Christus Philius Dei Salvator).
No tránsito da nave ao presbiterio existe un arco oxival.
O presbiterio (do século XVI) destaca pola súa bóveda nervada. |
|---|
| Campás |
1 campá. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (20-10-2023) FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-10-2023) |
|