Inventario de campás
Igrexa de San Cristovo de Dombodán - ARZÚA (GALICIA)
Referencia 13371
Lugar de Dombodán, s/n.
15819 ARZÚA
Referencia 13371
Lugar de Dombodán, s/n.
15819 ARZÚA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa construída no século XVIII, dunha soa nave de planta rectangular máis estreita na zona onde vai o altar e a sancristía. Tellado a dúas augas e con caída na zona da cabeceira cunha auga máis. A cuberta é de tella do país. Os muros están feitos de cachotería e perpiaño de granito. A fachada é de estilo barroco compostelán, con porta alintelada de xambas resaltadas en relevo a modo de marco e con orelleiras nas esquinas superiores. Sobre esta, unha cornixa da que se eleva un frontón curvo, e partido na parte central para aloxar unha fornela con cúpula imitando á forma de cuncha de vieira, onde vai a imaxe do patrón da parroquia, San Cristovo. A ambos lados, dúas fornelas máis pequenas na que se poden ver outras dúas figuras. Un santo con hábito á dereita, posiblemente San Pedro, e unha santa con manto e coroa á esquerda. No medio da fachada un van, con marco resaltado en curva, dá luz ao interior do templo, e enriba del, unha base rectangular no centro do hastial dá paso a unha espadana de dous ocos con arcos de medio punto entre tres columnas caixeadas. Adórnase con cornixas moi resaltadas e na cima cun gablete que se coroa con pináculo de copa cun cruz de forxa no bico, e aos lados dous pináculos de bóla.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1801 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior. | PALACIO, DÁMASO | 1844 | 70.00 | 199 |