Igrexa de San Xurxo de Moeche - MOECHE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xurxo de Moeche - MOECHE (GALICIA)

Referencia 13374

Lugar da Vila,s/n.
15553 MOECHE


Web

Descricion Igrexa en ámbito rural, de estilo predominantemente barroco. Planta rectangular, con sancristía e pequena capela engadidas ao muro setentrional. No interior, destaca a capela maior con bóveda de nervadura de estrela. No exterior, destaca a súa rica volumetría. Fachada principal dividida en tres planos por medio de dúas bandas rematadas en cornixa. Torre campanario de tres corpos, rotundos, pegada ao muro setentrional. Neste mesmo lado atópase anexa a capela de planta cadrada formada por porta flanqueada por pilastras e rematada en frontón triangular na súa fachada, na que ademais se inclúen os monogramas de Xesús e María, así como a heráldica da Casa de Rañal, mecenas da construción desta capela. As partes máis antigas da igrexa poden datar do século XI, aínda que a maior parte correspóndese coa reconstrución de finais do XVII.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 13-11-2025

1 Foto

Autor
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-04-2021)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (31-10-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.178870.00199
    Torre-campanarioMaior.ROSES, HERMANOS192980.00296