| Data de construción |
Século XVIII. |
---|
Descricion |
Igrexa de planta de cruz latina coa sancristía adousada ó norte. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito con cuberta de tella a dúas e catro augas.
A fachada principal, flanqueada por pilastras laterais rematadas por pináculos con bóla, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, cunha portada rectangular alintelada con recercado de molduras acodadas sobre ela. Sobre o ingreso un frontón semicircular partido con fornela interior. Máis arriba unha xanela cadrada recercada de moldura plana acodada. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha torre-campanario. Esta torre posúe dous corpos: o primeiro está ocupado polo corpo das campás e no segundo destaca unha cupuliña rematada nun pináculo.
Esta igrexa de estilo barroco, construíse no ano 1781, polo párroco Antonio Manuel Vega y Aguiar.
|
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorPXOM de Moraña (03-08-2001) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-10-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (03-11-2023) |
|