Inventario de campás
Capela de San Xián de Samarugo. - VILALBA (GALICIA)
Referencia 13394
Lugar de Samarugo, s/n.
27842 VILALBA
Referencia 13394
Lugar de Samarugo, s/n.
27842 VILALBA


Descricion Edificación relixiosa feita en cachotaría irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con xisto.
Na fachada principal podemos ver unha zona porticada por medio de catro columnas de sección octogonal e de pedra granítica que protexe unha porta de aceso lintelada con dous ocos aos laterais que serven de esmoleiros.
O conxunto remata cunha pequena espadana dun só oco con campá, cruz de ferro no cume e pináculos nos extremos.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-11-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | PORTILLA, ABEL (GAJANO) | 1990 | 45.00 | 53 |