Inventario de campás
Igrexa de Santa Cristina de Orois - MELIDE (GALICIA)
Referencia 13423
Lugar de Orois de Abaixo, s/n.
15805 MELIDE
Referencia 13423
Lugar de Orois de Abaixo, s/n.
15805 MELIDE


Data de construción Século XIX.
Descricion Igrexa de planta rectangular con corpo engadido para a sancristía no lado norte da cabeceira. Tellado a dúas augas con tella do país e muros rebocados e pintados de branco, agás nas esquinas dos muros e linteis de portas e ventás que amosa sillería de granito. A fachada, carente de decoración, amosa porta alintelada e un van no centro coas pezas do seu marco rematadas en bisel. Do seu cume arranca, de base rectangular e con cornixa saínte, unha espadana cun só oco para a campá, rematado en arco de medio punto. Vai coroada na cima con tres pináculos. O central vai sobre unha base cúbica e con unha cruz de ferro no remate superior da bóla.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-11-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1982 | 50.00 | 72 |