Igrexa de San Bartolomeu de Corvelle - VILALBA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Bartolomeu de Corvelle - VILALBA (GALICIA)

Referencia 13464

Lugar de Corbelle, s/n.
27843 VILALBA


Data de construción Século XIX.

Descricion Edificación construída na década dos 80 do século XIX en cantaría e cachotaría granítica aínda que presenta os muros revocados en blanco. Posúe planta de cruz latina e cuberta de xisto a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Nos laterais se atopan as sancristías.
A fachada principal presenta unha porta de aceso e unha xanela por riba dela, os dous con arcos escarzanos. A continuación un frontón partido no que podemos ver unha pequena inscrición moi erosionada que reza o seguinte:
“SE EDIFICO A EXPENS
SAS DEL PARROCO D. AN
GEL CABRERA (…) FE
LIGRESES Y DEVOTOS
(…)
AÑO DE 1886”.

O conxunto remata cunha torre campanario con cúpula semiesférica e pináculos de bola. No cume unha cruz metálica.

Campás 2 campás.

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (21-11-2023)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-11-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 28-11-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)188660.00125
    Torre-campanarioMaiorBLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186665.00159