Inventario de campás
Ermida da Mercé de Lapido - AMES (GALICIA)
Referencia 13577
Lugar da Barreira, s/n.
15220 AMES
Referencia 13577
Lugar da Barreira, s/n.
15220 AMES

Data de construción Século XVIII.
Descricion Capela de planta cuadrada, feita de mampostería , revocada con cemento e Pintada de branco. Na fachada ten unha porta con marco adintelado e un pequeno nicho que aloxa á imaxe da Virxe da Mercé, e por enriba unha pequena ventá redonda. Remate en espadana con ocos para as campás, e acabado en cruz de forxa. Situada nunha ladeira acusada do monte cercano e con un gran carballo a carón do seu adro, e un cruceiro no camiño de entrada, forma un recuncho ben conservado a beira do camiño da aldea. Segundo nos informa a páxina de patrimonio do concello:
“unha inscrición, situada no exterior do propio edificio, esta capela construíuse a mediados do século XVIII. En 1786 Cornelio García, labrador veciño de Lapido, solicita a bendición da capela e a autorización para celebrar culto. Non obstante, e dado que a imaxe da Virxe co neno que preside a fachada parece antiga e ten un aire medieval, a devoción podería ser ben anterior. Con toda probabilidade sufriu arranxos importantes con posterioridade. A construción é sinxela, composta por unha soa nave de planta rectangular. O campanario pertence a unha época máis tardía. No interior conserva a austeridade, sen outro ornamento que un retablo de estilo neogótico na capela maior”.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-01-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA | 1990 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA | 1990 | 60.00 | 125 |