Inventario de campás
Capela da Magdalena de Milladoiro - AMES (GALICIA)
Referencia 13635
Rúa Estivada de Castelao, 5.
15895 AMES
Referencia 13635
Rúa Estivada de Castelao, 5.
15895 AMES


Descricion Capela de planta rectangular con corpo engadido na cabeceira. Feita con muros de perpiaños e tellado a dúas augas. Na fachada leva porta alintelada e remata na parte superior en pequeno beirado cunha base cadrada da que arranca a espadana de dous corpos. O principal leva dous vans para as campás con arco de medio punto e o de enriba é un pequeno edículo con oco en forma de ovalo para adornar o cume e que remata con lados redondeados e unha cruz de forxa no cume . Tanto a espadana como os remates laterais da fachadas levan pináculos de bóla. Pola súa situación nun outeiro, esta ermida de orixe románica, era o punto no que vían as torres da catedral por vez primeira os peregrinos que facían o camiño Portugués.
Para algúns autores, o topónimo do Milladoiro , onde está a capela, lembra a existencia dun “humilladoiro” do Camiño de Santiago. Aquí os peregrinos que chegaban pola ruta marítima e o Camiño Portugués ao ver as torres da catedral compostelana, axeonllábanse e daban grazas a Deus por poder acabar o camiño.
Outros especialistas no camiño sinalan que recibiría o seu nome pola existencia dun “amilladoiro”, una morea de pedras que deixaban os peregrinos que facían o camiño. Os romeiros deixarían, no primeiro lugar de avistamento da Catedral, unha pedra traída desde a súa terra natal, para que fose testemuño da súa camiñada para que cando chegase o momento do Xuízo Final, as pedras falasen ao seu favor dando conta da súa devoción e peregrinaxe a Compostela
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 31-01-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1801 | 40.00 | 37 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1941 | 50.00 | 72 |