Inventario de campás
Igrexa Santa Baia de Barroso - AVIÓN (GALICIA)
Referencia 13660
Lugar de Barroso, s/n.
32520 AVIÓN
Referencia 13660
Lugar de Barroso, s/n.
32520 AVIÓN

Descricion Igrexa construida no ano 1622 e reformada no 1767. Feita en cadeirado granítico de boa factura, con planta de cruz latina e teitume a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro, con remates en pináculos de bola. Sancristía adosada no muro lateral.
Na súa fachada principal podemos ver a porta de aceso enmarcada con pilastras, unha pequena fiestra cadrada a modo de ocelo e remate en espadana de dous ocos.
Nun dos laterais da igrexa destaca un escudo dos Condes de Ribadavia.
No interior destacan varias tallas en madeira de época barroca, entre elas a da patroa santa Baia, unha da Inmaculada, un San Xoán Bautista, San Bieito, …
A igrexa posúe tamén un vía crucis no muro de peche que rodea á igrexa e polo camiño de aceso á mesma.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 11-02-2024
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | PEÑALACIA PALACIO, MANUEL SANTOS | 1765 | 60.00 | 125 |
| Espadana | Maior. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 1962 | 65.00 | 159 |