Capela da Nosa Señora da Misericordia - VIVEIRO (GALICIA)

Inventario de campás

Capela da Nosa Señora da Misericordia - VIVEIRO (GALICIA)

Referencia 13713

Rúa da Misericordia, s/n.
27861 VIVEIRO


Web

Descricion A capela de Santa María da Misericordia, é un templo relixioso ubicado xunto ó pazo que fora dos Bermúdez de Castro, fronte a cal, pasa a ponte da Misericordia. De estilo renacentista, a fachada principal ten dúas portas e unha xanela que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo cuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán.
A construción da capela débese a doazón de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603.
A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 07-04-2024

1 Foto

Autor
  • GARCÍA ROLDÁN, Alberto / Galicia pueblo a pueblo. blogspot.com. [https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/04/capilla-de-la-misericordia-viveiro.html] (19-04-2016)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-03-2024)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.HAZA Y PALACIO, FRANCISCO182650.0072
    EspadanaMaior.HAZA Y PALACIO, FRANCISCO178555.0096