Igrexa de San Pedro de Xuances - XOVE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Xuances - XOVE (GALICIA)

Referencia 13714

Lugar de Illade, Xuances, s/n.
27877 XOVE



Descricion Igrexa de fábrica inicial de estilo románico, reconstruída en 1698, a cabeceira das cales fíxose segundo planos de Blas de Barros en 1799. Recentemente realizáronse obras de consolidación. Consta de tres naves de dous tramos separados por arcos faixóns, cruceiro con cúpula de media laranxa e bóveda de aresta nos brazos. Sancristía pegada en muro esquerdo. Frontis con pórtico e elegante torre de dous corpos, de remate en cúpula semiesférica construida en 1765 segundo se pode ler no lintel da porta da torre-campanario. Interior: retablo maior do século XVIII, retablo lateral dereito renacentista e retablo lateral esquerdo moderno, todos eles con interesantes talles dos séculos XVII-XVIII.

Campás 2 campás.

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (04-04-2024)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (09-04-2024)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 09-04-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.HAZA Y PALACIO, FRANCISCO179375.00244
    Torre-campanarioMaior.MANCHADO, JACINTO199779.00285