Inventario de campás

Igrexa de San Bieito de Fefiñáns - CAMBADOS (GALICIA)

(Referencia: 13922)
Rúa de San Benito, s/n.
36630 CAMBADOS

Descricion Antigo templo románico, remodelado a comenzos do século XV e reedificado no século XVII por orden de D. Gonzalo de Valladares, poñéndoa baixo advocación de San Bieito.
De planta de cruz latina composta por unha nave central con capelas laterais cubertas a tres augas e ábsida cuberta a dúas augas.
Ten unha interesante bóveda composta por pequeniñas pedras, algunhas de ata 8 cm, facéndoa única na Galiza. Esta dividirase polos catro arcos de medio punto que a acompañan. O arco de ingreso apuntado e ornamentado con arquivolta, da acceso ó transepto que ten unha bóveda de crucería de estrela, levando no seu colgante, un escudo acuartelado en cruz, coas armas dos Sarmiento, Valadares e Figueroa.
A ámbolos lados do transepto, dúas capelas de arco oxival, en cada unha das cais, vese un arcosolio. Unha inscrición grabada nunha das capelas dinos o destino daqueles sepulcros e a data da primeira igrexa edificada sobre unha primeira capela do século XII, indicándonos 1415 como o ano de construcción. Outras inscricións á esquerda e dereita entrando pola porta principal, indícanos as datas da última reedificación: no ano 1780 fixéronse os muros e no 1781 a torre das campas. Obrouse dende os seus cimentos no ano 1779.
O altar maior é obra do escultor compostelano S. Mata no ano 1915, co primitivo de Domingo Meri do ano 1618, do que se conserva parte na capela do pazo.
No exterior, na fachada que mira á praza, un fermoso escudo que lembra a D. Fernando de Valladares, ó pé unha inscrición do ano 1634, época da primeira restauración, debaixo unha efixie da virxe, en pedra, con coroa real sobre a fornela, no alto unha imaxe tamén en pedra de Xesús sobre o mundo, en actitude de dirixirse á xente. Na mesma fachada un pouco máis á dereita, un reloxio de sol ou cuadrante, escudos dos señores da casa, e nunha pequena fornela, unha imaxe de San Pedro coas chaves na man, que debeu pertencer á antiga capela.
Unha cruz de piñon, na parte alta da fachada posterior, lembra a primitiva igrexa opu capela do século XII. Na fachada norte unha entrada reservada ós señores do pazo, e un escudo de alianzas coas armas de Meira e Camba.
O conxunto da igrexa, sobre un adro elevado, ó que se accede por catro sitios, está ornamentado con elegantes columnas ben labradas, nos extremos da fachada principal do adro atópanse dúas figuras de pedra con escudos dos señores da vila
Destacan ademáis, os seus dous campanarios barrocos ou de estilo churrigueresco, con sendas escaleiras de caracol que conducen ó campanario, que xunto coas dúas capelas interiores cos sepulcros de D. Gonzalo de Valladares e a súa dona María Ozores y Silva, antes mencionadas, e as dúas figuras de granito coñecidas como os Balboas, ataviadas como guerreiros con maza e escudo, dentro dun entorno marabilloso que é o conxunto da praza, pazo e igrexa, declarada Ben de Interese Cultural en agosto do ano 2012.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-03-2016)
  • TROIANO CARRIL, Xosé (24-03-2016)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-07-2024)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 28-07-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioSanto AntonioGÓMEZ DE LOS HELGUEROS BARROSA, JUAN163764152
    Torre-campanarioMaiorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191677264

  • Ficha reducida (PDF)
  • CAMBADOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 10-03-2026

    Connectats: 21 Visitants: 21 Usuaris: 0