Inventario de campás

Igrexa de Santa Mariña de Agar - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia: 13930)
Lugar de Sorribas, s/n.
36685 A ESTRADA

Data de construción Século XIII.
Descricion Santa Mariña de Agar, debido ás profundas reformas sufridas, é un templo de difícil interpretación. Nembargantes, aínda conserva, anque retocados, parte dos elementos da fábrica románica. A planta era de nave única e ábsida rectangular. Posteriormente engadíuse, na fachada setentrional da nave, unha dependencia cuadrangular de gran tamaño, a modo de capela, e na da ábsida outra, de escasas dimensións, con función de
sancristía.
A fachada occidental é resultado dunha intervención posterior, na que se reutilizaron antigos sillares. Posúe unha sinxela porta alintelada, sobre a que se abre un pequeno van cuadrangular e espadana de remate de factura moderna.
A fachada meridional, a pesares das reformas, conserva algunhas pezas do primitivo aleiro e ocito canzorriños. Respecto ás primeiras, destacan as máis occidentais, xa que ostentan unha decoración de vástagos sinuosos, fronte ó resto, que son simplemente de cobixas en chaflán recto.
En canto aos canzorriños, os máis abundantes son de tema xeométrico, realizados cun simple corte de proa, pero tamén hai un de modillóns e unha cabeza humana, moi erosionada. Nesta fachada ábrese un único van e, baixo éste, unha porta alintelada.
A fachada setentrional é a que sufríu unha maior modificación, debido á edificación da capela anteriormente citada, que supuxo a pérda dunha parte importante do primitivo muro. Ó igual que a meridional, conserva tamén pezas do aleiro, algunhas decoradas con rolos, e varios canzoriños en forma de proa.
A ábsida, que se une directamente á nave, chama a atención pola súa excesiva amplitude, o que nos hace pensar nunha prolongación posterior. Non posúe vans nin canzoriños; nenbargantes, no muro meridional obsérvase un sillar de grandes dimensións, decorado cunha cruz de lazos cun círculo secante. Posiblemente se trate do lintel dunha porta, reutilizado durante as obras de reconstrucción deste muro. No testeiro da ábsida non hai ningunha antefixa, pero sí na da nave, aínda que tan só queda a figura erosionada dun carneiro recostado.
No interior, a ábside ábrese á nave a través dun gran arco triunfal semicircular e dobrado, de factura moderna o primeiro, que voltea, sobre sendas columnas que sí corresponden á fábrica románica. Éstas son de fustes de tambores, con capiteis ornados e basas de perfil ático, elevadas sobre pequenos plintos cuadrangulares. O capitel do lado da epístola amosa dous órdes de follas picudas con pomas e dúas grandes follas nos ángulos, mentres ca súa opuesta amosa un único orde de estilizadas follas picudas, que
acollen pequenas pomas. . Os ábacos, ó igual que o arco triunfal, semellan ser produto dunha intervención posterior.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé (02-07-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-07-2024)
  • www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Agar.pdf] (31-07-2024)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, XoséCampás e campaneiros da Estrada2023
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 31-07-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorTABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS)19615072
    EspadanaMaiorLISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)190265159

  • Ficha reducida (PDF)
  • A ESTRADA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2025)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 21-05-2025

    Connectats: 20 Visitants: 20 Usuaris: 0