Igrexa de Santa Sía de Roma - ZAS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Sía de Roma - ZAS (GALICIA)

Referencia 14290

Lugar de Santa Sía, 6.
15859 ZAS


Web

Data de construción Século XVIII-XX.

Descricion Santa Sía de Roma é un dos haxiotopónimos -nomes de lugar orixinados polo nome dun santo ou santa- do Concello de Zas. Cómpre aclarar que o haxiotopónimo é só Santa Sía, pois contrariamente ó que se pensaba, este Roma que acompaña o nome da santa non é un topónimo, non é un nome de lugar, senón simplemente un complemento que, contra 1570, se lle engadiu á patroa da parroquia por orde dalgunha autoridade eclesiástica (quizais o propio arcebispo de Santiago). Esta é unha das sorpresas ou novidades que se presentan nesta nova entrega de ‘Zas polo miúdo’. Ata esa data do último terzo do século XVI a parroquia só figura nos documentos (en latín, en galego e despois en castelán) co nome da santa a secas: Santa Cecilia, Santa Cecía, Santa Cía ou Santa Sía. A partir de 1570 xa aparece co engadido “de Roma”, que sen dúbida pretendía facer referencia á orixe da santa venerada na igrexa: a mártir romana do século III, que despois sería escolleita como patroa da música.

A súa igrexa parroquial é de estilo barroco, construída no século XVIII, e está perfectamente integrada entre as casas. O edificio de planta de salón con muros portantes de cachotería enfuscada e cantería. Ten cuberta a tres augas con cubrición de tella curva do país. En planta distínguense: unha nave de dous tramos, presbiterio e sancristía acaroado ó muro norte. No interior destaca a bóveda de canón da capela maior ou presbiterio, de cantería á vista. A fachada é a parte máis interesante do templo, enteiramente construida en cantería agás a torre-campanario feita en cemento. De esquema clásico pentagonal, cun eixe vertical onde se superpoñen, a porta alintelada, unha xanela rectangular, un óculo e a torre-campanario sobre a parte central do panel da fachada, en forma de base cadrada moldurado que recibe o corpo de compás, de planta cadrada, composto por catro machóns e que sirve de base ó tambor colado que sostén a cúpula. Esta torre-campanario foi construída a mediados do século XX. Do seu interior, cómpre resaltar o retablo maior feito en pedra de granito. O seu principal interese está no material de construción, xa que non son moitos os retablos pétreos no barroco galego de principios do XVIII.

Esta parroquia pertenceu durante o Antigo Réxime á xurisdición, gobernada polos condes de Altamira, de Vimianzo e, no ano 1842, Santa Sía estivo a piques de ser capital do Concello de Roma, que abranguía todas as parroquias de Zas e boa parte de Vimianzo, tras o acordo de redución de concellos que adoptou a Deputación. O proxecto nunca chegou a realizarse.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 18-10-2024

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-10-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (18-10-2024)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)196450.0072
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)201460.00125