Inventario de campás

Igrexa de San Lourenzo de Siabal - PADERNE DE ALLARIZ (GALICIA)

(Referencia: 14394)
Lugar de San Lourenzo, s/n.
32112 PADERNE DE ALLARIZ

Descricion Edificio do século XVIII, barroco de planta en cruz latina e traza sinxela. Practicamente carente da ornamentación e artificiosidade propia dos edificios relixiosos pertencentes a este estilo. A igrexa destaca sobremaneira pola magnífica torre de campás que loce a súa fachada.
Esta iníciase virtualmente a ambos lados da porta principal por medio de dúas pilastras adosadas que se prolongan visualmente ata a torre.
Sobre o oco de entrada disponse unha xanela enmarcada nunha moldura que harmoniza á perfección co sobrio deseño xeral da fachada.
O fenomenal campanario de dous corpos superpostos rematados nun cupuliño opaco é, sen dubida, o elemento mais destacado e mellor logrado de todo o conxunto.
O primeiro corpo, o que acolle os sinos de bronce, é o que presenta as maiores dimensións, dotándose ademais dunha balconada pétrea perimetral a base de fermosos
balaústres contorneados. O corpo superior, ao igual que o que o sostén, presentase oco e furado nos catro eixos cardinais para posibilitar a pericia da altura que acada.
Por ultimo a cupuliña disposta no cumial, ao igual que os modulos inferiores, xurde a partir dun leve cornixamento para diferenciarse de cada unha das pezas que a preceden en altura.
A torre, que aparece situada no eixo central da fachada, proporciona un extraordinario impulso vertical á edificación, algo que consigue grazas á elegancia e á proporcionalidade do seo porte.
Existe constancia documental de obras entre 1585 e 1587, o que evidencia que a actual igrexa foi construída sobre unha anterior posiblemente románica.
Na fachada norte, situase un antigo osario que hoxe permanece fora de uso.
No interior ten un baptisterio dotado cunha voluminosa pía bautismal de pedra, ornamentada con gravado xeométrico e illada a través de unha verxa de ferro.
Contigua á entrada lateral da nave disponse tamén unha pía de auga bendita decorada con un ornato xeométrico dentado en forma de zigue-zague.
Campás 2 campás.
Autor
  • GAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) (10-11-2012)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-11-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-11-2024)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 12-12-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.BLANCO LEMOS, ANTONIO1947
    Torre-campanarioMenor.ANÓNIMO (GALICIA)181660125

  • Ficha reducida (PDF)
  • PADERNE DE ALLARIZ: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 30-06-2026

    Connectats: 71 Visitants: 71 Usuaris: 0