Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Crecente - CRECENTE (GALICIA)

(Referencia: 14445)
Praza Ana Pastor, s/n. Crecente.
36420 CRECENTE


Descricion Edificación do século XIV (transición do románico ao gótico) construída sobre as ruínas dunha antiga colexiata que a súa vez foi construída sobre as ruínas dun mosteiro templario.
A igrexa, feita a base de cadeirado granítico, posúe unha ampla nave rectangular con teitume de madeira e presbiterio tamén rectangular con bóveda apuntada. Nos anos 20 do século pasado a igrexa se transforma en planta de cruz latina coa construción das capelas laterais.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso con arco de medio punto doelado. Por riba dela unha fornela coa imaxe do patrón, e dúas xanelas aos laterais.
O conxunto remata nunha torre campanario, construído no mesmo momento que as capelas laterais.
Nos muros laterais exteriores destacan varios elementos:
* Varios canzorros, posiblemente da antiga igrexa.
* Un escudo
* Unha xanela no centro do testeiro absidal; consta esta ventá de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A arquivolta descansa en dúas pequenas columnas de fustes monolíticos lisos, bases áticas e capiteis con motivos diferenciados: o da cara norte representa unha ave que parece picar a cabeza dunha serpe, e o do sur representa un personaxe axeonllado que sostén algo no seu regazo.
No interior da igrexa destaca un arco románico-gótico decorado con rosetas e figuras, que dá acceso á actual sancristía. No seu interior conservábase o sepulcro en pedra dun nobre, cuxo talle presenta a un home con bigote vestindo o hábito franciscano, o que indica a súa pertenza á Orde III de San Francisco.
Tamén destaca un espazo nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, no que se atopaba o sepulcro de Inés de Castro. Na actualidade este sepulcro atópase depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra.
A antiga colexiata estaba composta por un abade, cinco racioneiros e un sancristán-sacerdote, e contaba cunha ampla xurisdición territorial polo que no ano 1466 se levou a cabo a repartición territorial entre os racioneiros, construíndo varias capelas para atender espiritualmente aos fregueses. Isto deu orixe ao nacemento das parroquias de Ribeira, Quintela, Freixo e Sendelle.
O mosteiro templario desapareceu no ano 1313, trala supresión da Orde do Temple no Concilio de Viena (1311-1312).
Campás 4 campás (3 na torre-campanario e 1 no campanil lateral).
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (12-09-2017)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-01-2025)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (Campás e reloxos monumentais de Galicia, FACEBOOK) (02-01-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 08-01-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Campanil lateral esquerdoCampanil.RUIZ, FRANCISCO ANTONIO18914037
    Torre-campanarioMaiorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)2010
    Torre-campanarioMedianaOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)2000
    Torre-campanarioMenorRUIZ, FRANCISCO ANTONIO1871

  • Ficha reducida (PDF)
  • CRECENTE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 29-06-2026

    Connectats: 66 Visitants: 65 Usuaris: 1 - servidor