Inventario de campás

Igrexa de Santa Baia de Losón. - LALÍN (GALICIA)

(Referencia: 14468)
O Lameiro, 7.
36512 LALÍN


Data de construción Século XII.
Descricion Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165. A igrexa actual foi fundada na segunda metade do século XII, aínda que parece que existiu un templo anterior no recinto do cercano castro. Da súa fábrica románica conserva os capiteis e os canzorros orixinais. Ten unha soa nave con teitume a dúas augas e con tella do país, e a súa ábsida é cuadrangular formando unha “L”. A parede posterior do testeiro forma unha ábsida de ferradura de catro paredes con catro columnas semitóricas que as unen. As paredes laterais están enfoscadas.
O arco trunfal está sostido por capiteis florais e posúe unhas ventás en saeteira con dobre arquivolta sobre columnas. A portada é de xamba arquivoltada sen resaltes. A espadana é dobre, dun só corpo cuadrangular, rematado en cruz.

O interior presenta presbiterio con peralte central que se perde detrás do retablo. Está presidido por un arco triunfal de arquivoltas cuadrangular, sobre columnas tóricas. Hai outra arquivolta secundaria, que se apoia sobre capiteis que sosteñen outras dúas pequenas arquivoltas semitóricas. A cúpula do presbiterio luce pinturas murais nas que se contempla un ceo branco con estrelas azuis, e dous soles; un vermello cun rostro que o enche, e outro azúl, con rostro de perfil que ocupa tan só a metade.

No interior da igrexa atópanse varios enterramentos da casa dos Liñares, con estatua orante e pedra de armas. De entre todas elas destaca a de Vasco Taboada de Carrio, xuíz de Terra de Trasdeza no 1586, e en 1590 e 1606 xuíz de Carboeiro. No 1595 figura como procurador de Deza. A súa sepultura atópase no lado do Evanxeo do presbiterio, representado en actitude orante, de xeonllos, e vestido armadura da época. No fronte disponse unha labra heráldica cuartelada en cruz coas armas dos Taboada de Deza.

Outra lápida sinala no adro a tumba inicial do malogrado aviador Joaquín Loriga, da mesma familia.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-12-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-01-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 25-01-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorHONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)18475386
    EspadanaMaiorLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)18845596

  • Ficha reducida (PDF)
  • LALÍN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 18-06-2026

    Connectats: 98 Visitants: 98 Usuaris: 0