

| | Descricion |
Situada no Camiño da Prata, a igrexa, de planta rectangular, é de orixe románica. Desta época consérvanse marcas de canteiro nos alicerces dos muros que dan ao cemiterio e nos canzorros dos aleiros. No século XIX sufriu unha profunda reforma que culminou no ano 1901 coa construción da actual fachada, obra de Vázquez Gulías, co esvelto campanario e reloxo. No interior salienta un arco de estilo mozárabe, copia ampliada do orixinal que había antes da reforma. A capela do San Roque data de finais do século XV ou principios do XVI. Sobre a entrada principal érguese un sinxelo coro de madeira. O retábulo maior ocupa toda a cabeceira e hai outros retábulos nos laterais da nave con varias imaxes, entre elas a de San Xoán Bautista cuxa festa se celebra no mes de xuño. Tamén hai unha copia da coñecida como “Virxe de Seixalbo”, da que o orixinal se atopa dende o ano 1931 no Museo da Catedral de Ourense. Nas inmediacións atópase o antigo hospital de peregrinos. |
|---|
| Campás |
3 campás. |
|---|
| AutorMOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (23-01-2013) MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-01-2025) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-01-2025) |
|