Igrexa de San Pedro de Garabás - MASIDE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Garabás - MASIDE (GALICIA)

Referencia 14499

Lugar da Eirexa, 19.
32577 MASIDE



Web

Data de construción Século XII-XVIII

Descricion Edificación do século XII feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado e coas unións encintadas. Planta rectangular dunha soa nave e ábsida cadrada (reformada no século XVIII). Posúe unha sancristía engadida a carón dun dos muros laterais.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso flanqueada por dous pares de columnas. A porta posúe tres arquivoltas lixeiramente apuntadas. O tímpano contén un gravado da Cruz de Santiago.
Por riba da porta destaca un tornachuvias en escocia trenzada e sobre catro canzorros.
A espadana, con dous ocos con arcos de medio punto, é de factura recente.
Os muros laterais destacan pola decoración dos seus canzorros, especialmente os do muro sueste.
Sobre o vértice da nave podemos ver un Agnus Dei sen cruz ante fixa.
No interior da igrexa destacan varios elementos:
* O arco triunfal de medio punto apoiado sobre columnas. Nelas destacan os seus capiteis. O da esquerda que representa a loita dun home armado con coitelo cun animal salvaxe; o da dereita é máis floral, cun conxunto de arcadas entrelazadas.
* A capela maior, reformada en época posterior, ten bóvedas finxidas e unha cornixa con imposta decorada con cuadrifolios.
* O retablo maior, de época barroca na que podemos ver as imaxes de San Pedro e San Paulo.
A igrexa tivo outro Agnus Dei, que hoxe podemos ver na Reitoral, situada ao seu carón.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-01-2025

2 Fotos

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (15-03-2017)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-01-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-01-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PORTILLA, HERMANOS198450.0072
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)192865.00159