Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Cornoces - AMOEIRO (GALICIA)
Referencia 14531
Lugar da Igrexa, 2.
32170 AMOEIRO
Referencia 14531
Lugar da Igrexa, 2.
32170 AMOEIRO


Descricion Segundo unha inscrición que figura na fachada sur, esta igrexa foi consagrada no ano 1200. De pequenas dimensións, foi construída sobre un primitivo asentamento castrexo. Na fachada presenta un tímpano historiado con figuras, probablemente de San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples. Sobre o testeiro da ábsida álzase unha cruz antefixa coa respresentación de Cristo crucificado. A espadana é barroca con dous arcos de medio punto. O cemiterio se extende ao redor do templo.
Xunto a igrexa está a casa reitoral de planta rectangular e dúas alturas con muros de cachotaría de granito.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-02-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor | TABOADA CAMPOS, PLÁCIDO | 1957 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior | RUIZ | 65.00 | 159 |