Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Figueiredo - PADERNE DE ALLARIZ (GALICIA)

(Referencia: 14585)
Lugar de Figueiredo, 50.
32112 PADERNE DE ALLARIZ


Descricion É o templo máis singular do concello de Paderne de Allariz, é o único que mantén á vista o testemuño das dúas grandes reformas que experimentou ao longo da súa historia, xa que conviven harmoniosamente elementos románicos e barrocos. Do primeiro cabe destacar á ábsida semicircular, que aínda conta cos canzorros figurados soportando o tellado, xunto a un par de columnas adosadas de fuste circular e capitel corintio. O tornachuvias da espadana central, que loce un pequeno arco de medio punto soportado por columniñas con capiteis corintios, está ricamente decorado por botóns semiesféricos que denotan, aínda con máis clareza se cabe, a súa filiación románica.
A faciana barroca do templo ten na fachada o seo maior expoñente. A porta principal conserva aínda a fisionomía anterior, tal e como evidencia a dobre arcada de medio punto gorecida baixo un tornachuvias axadrezado na súa parte mais exterior. Os arcos destacan sobre columnas adosadas baixo capitel corintio. O tímpano exterior volve evidenciar a anterior filiación estilística nas cabezas de animais que gardan o acceso ao edificio.
A súa humilde espadana, dun único corpo e reloxo cenital, é case que o único elemento netamente barroco de todo o edificio. A morfoloxía e o deseño global da fachada (pináculos, molduras, pilastras …) tamén evidencian a filiación cronolóxica estilística barroca.
O interior é dunha única nave e conta cunha cuberta alintelada con armadura de madeira. Os arcos son apuntados na nave e de medio punto na ábsida. A tribuna é un elemento do máximo interese mercede ao seu orixinal soporte, así os columnados que a sustentan aparecen divididos pola metade por senllas pías semiesféricas de auga bendicida que supoñen un novidoso aporte estético funcional.
Campás 2 campás.
Autor
  • GAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) (18-11-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-02-2025)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (27-02-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 07-03-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorVILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO19675072
    EspadanaMaiorPORTILLA, HERMANOS197665159

  • Ficha reducida (PDF)
  • PADERNE DE ALLARIZ: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 30-06-2026

    Connectats: 89 Visitants: 88 Usuaris: 1 - Troiano