Igrexa de Santo André de Uma - SALVATERRA DE MIÑO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santo André de Uma - SALVATERRA DE MIÑO (GALICIA)

Referencia 14591

Lugar do Casal, 15.
36868 SALVATERRA DE MIÑO


Descricion Fabricada en perpiaño, e de pequenas dimensións, a igrexa parroquial ten unha planta rectangular rematada nunha cabeceira máis estreita e alta que a nave principal. Pegada a un lateral ten a sacristía.
A fachada principal, sen excesivo ornato, ten unha ventá alintelada como único van.
Sobre o arco de medio punto que cobixa a porta principal de acceso, levántase unha pequena fiestra que rompe a continuidade das súas formas.
A construción remata cunha torre de espadana que alberga dúas campás e ás que se accede a través dunha escalinata con varanda de ferro disposta recentemente á marxe esquerda do edificio.
A igrexa presenta similitudes arquitectónicas con outras igrexas parroquiais do municipio, aínda que recentemente foi sometida a algunhas reformas emprendidas grazas á importante doazón económica que fixo unha veciña.
No seu interior atópase un altar barroco e diferentes imaxes, algunhas máis antigas que outras, pero todas en moi bo estado de conservación.

Campás 2 campás.

Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (25-03-2013)
  • AMORÍN BOQUE, Fernando / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-03-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-03-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 10-03-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorPELLÓN, MANUEL (SAN BREIXO DE ARCOS)188560.00125
    EspadanaMaiorOCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)194570.00199