Igrexa de Santa Ana de Chaodarcas - PEREIRO DE AGUIAR (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa Ana de Chaodarcas - PEREIRO DE AGUIAR (GALICIA)

Referencia 14619

Lugar de Chaodarcas de Arriba, 26.
32793 PEREIRO DE AGUIAR



Data de construción Século XIX.

Descricion Construída en planta rectangular con boa sillería de granito nos acabados e ben traballada.Estilo neoclásico do século XIX.
Planta rectangular, sendo o presbiterio de menor tamaño que o resto da nave, tendo esta cuberta a dúas augas e o presbiterio a tres augas.
A porta de entrada alintelada ten ao seo redor moldura decorativa, sobre esta ventá cadrada con reixas. Sobre esta reloxo, sobre o que se sitúa unha moldura decorada horizontal no centro sendo curva nos laterais, rematando con pináculos con bólas.
Espadana con dous corpos, tendo o primeiro dous ocos con sendas campás, no segundo un só arco e pináculos nos laterais tendo de remate tres pináculos sendo o central de maior altura.
Nos muros laterais moldura acompañando á cuberta, ten varias ventás rectangulares, tendo no lateral sur unha sancristía anexada e pequena porta de acceso.
A igrexa preside un descampado no que tamén se atopan o camposanto e un cruceiro.

Campás 2 campás.

Autor
  • GAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) (14-04-2013)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-03-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (12-03-2025)

  • 2 Fotos

    Fichas das campás


    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 24-03-2025


    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorANÓNIMO (GALICIA)60.00125
    EspadanaSAGRADO CORAZON DE JESUSDÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS65.00159