Igrexa de San Trocado - ALLARIZ (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Trocado - ALLARIZ (GALICIA)

Referencia 14669

Lugar de Magarelos, 49.
32665 ALLARIZ


Web

Descricion Templo parroquial de planta en forma de cruz latina e unha única nave levantada en perpiaño de boa calidade na tipoloxía de opus quadratum. De interior sombrío e humilde, o seu exterior revélase absolutamente nu e carente de calquera caste de decoración ou artificio arquitectónico que obstaculice a limpa concepción do monumento.
Como é norma, os únicos exercicios de retórica arquitectónica concéntranse na fachada a través de dous piares angulares de fuste liso e capitel temperado
onde só os aleiros e cimacios destacan en volume sobre o lenzo mural.
O elemento máis destacable da fachada é sen dúbida o campanario de planta cuadrangular e catro ocos que preside en altura o templo. Erguida con pilastras de fuste refundido que flanquean aos arcos de medio punto de contorno acaixonado e centro en falsas claves, a torre de campás amósase enmarcada na súa base superior e inferior por senllas cornixas voadas elegantemente molduradas que son mostra do mellor oficio canteiro e proxectista. Remata a torre unha cupuliña sobre un pequeño ciborio pentagonal complementado exteriormente con pináculos angulares de escasa altura e volume.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-04-2025

1 Foto

Autor
  • PXOM de Allariz (09-04-2003)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-04-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMaior.BLANCO LEMOS, ANTONIO1960ca60.00125