Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Verea. - VEREA (GALICIA)

(Referencia: 14714)
Pl. Manuel Nieto Rivero, 3. Carballo.
32813 VEREA

Descricion Sinxelo edificio dunha soa nave de reducidas dimensións situado no centro da capital municipal. Realizada posiblemente no século XVII -e transformada en épocas posteriores- presenta os rasgos típicos das construcións desta época. O máis destacable é a fachada principal, cunha estrutura moi simple de rasgos clásicos. Toda a composición, moi depurada, está enmarcada por dous piares inscritos no muro exterior a modo de marco e que sosteñen o teitume que remata cunha espadana, de estrutura cuadrangular e dous ocos, coroados por dous pináculos e unha forma piramidal. O mesmo esquema repítese na porta principal onde se aprecia unha composición que rememora os templetes romanos, dous piares que enmarcan dita porta, sobre os que se coloca un frontón partido que alberga unha fornela coa imaxe do patrón da igrexa.
Campás 2 campás.
Autor
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-05-2025)
  • www.terradecelanova.es [https://www.terradecelanova.es/es/historia-patrimonio-recursos-verea.htm] (17-05-2025)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-05-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorRUIZ, JOSÉ19345596
    EspadanaMaiorDE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)70199

  • Ficha reducida (PDF)
  • VEREA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 21-05-2026

    Connectats: 178 Visitants: 178 Usuaris: 0