
| | Descricion |
Igrexa dunha soa nave articulada por pilastras, traducíndose ó exterior en contrafortes e arco de triunfo de acceso ó presbiterio. O testeiro destaca en altura con pináculos nos ángulos. No interior retablo maior do século XIX con tallas populares. De maior importancia é o retablo da epístola, dun corpo e tres calles - a central resaltada con forneliña de medio punto-, distribuido por columnas corintias e estípites nos extremos. No ático releve haxiográfico de San Ramón. No mesmo muro figura outro retablo, que segundo unha inscrición: "Le mandó hacer en 1862 y pintar en 1863, el abad D. Francisco Carmen Álvarez". Preside a imaxe de San Benito. O altar do muro do Evanxeo data do 1850, segundo se indica no ático; nel reciben culto as imaxes da Virxe do Carme e San Blas. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorMOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2025) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-05-2025) www.terradecelanova.es [https://www.terradecelanova.es/es/historia-patrimonio-recursos-verea.htm] (25-05-2025) |
|