

| | Descricion |
Segundo investigacións de Don Crisanto Rial López, antigo párroco de Cea, sabemos que existeu unha igrexa románica da que non quedan apenas restos. E tamén temos documentada a existencia doutra igrexa, pois segundo consta no Libro de Fábrica I, en 1635 “siete ducados y tres reales que llevó el carpintero por adressar el sobrado de la yglesia…”. E no último cuarto do mesmo século acabouse construíndo a sacristía.
A igrexa actual debeu comezar a construirse no ano 1759 segundo apunta Don Crisanto no mesmo Libro de Fábrica, 399 r. nese ano: “dos mil y seiscientos reales que entregó para la obra de la iglesia”. Ademais, no libro da Confraría de Sta. Lucía lese que ese mesmo ano dita confraría aportou para as obras 640 reais. No 1760 a confraría do Rosario aportou 10.939 reais. Unha cantidade tan elevada de diñeiro, di Don Crisanto, que só se explica se as obras consistiron na construción da igrexa actual, exceptuando as capelas do Rosario e Sta. Lucía que foran construídas pouco antes, nos anos 1742 e 1757 respectivamente. En canto á capella actual, debeu construirse sobre o ano 1790 segundo consta no Libro de Fábrica, 426 v.
Actualmente atopámonos cunha igrexa de estilo barroco, tanto no seu exterior como no seu interior. A nave consta dunha planta de cruz latina cunha orientación este-oeste lixeiramente desviada. Exteriormente atopámonos cunha fachada moi sobria sen apenas ornamentación, cunha imaxe de San Pedro nunha fornela enriba da portada principal este e, enriba, un van cunha vidrieira cunha cruz latina que lle aporta luz ó interior da nave. Na cornixa un cristo crucificado.
Na súa fachada sur atopámonos unha torre campanario de 3 corpos, cunha imaxe de San Benito nunha fornela no primeiro corpo e remata por 5 pirámides estriadas cunha bóla. No seu interior atopámonos unha nave con bóveda de canón que remata nunha ábsida rectangular cun retablo barroco coa imaxe de San Pedro no centro, e un Cristo Crucificado enriba presidindo a escea. Enriba da entrada principal atopámonos un pequeno coro e no transepto a capela de St. Lucía ó sur, e a capela do Rosario ó norte.
Para rematar, no exterior ó oeste da igrexa, documentamos a fonte dos arcabuceiros, unha maxestuosa fonte decorada con dous soldados con arcabuces na fronte e dous músicos detrás. No centro nunha forneliña unha Virxe co Neno. Debaixo, dúas espitas para beber auga, unha na boca dun home e outra no cú. Cada un que escolla pola que queira beber. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorMARTÍNEZ GAGO, Alberto (revista eSmás Vilagarcía Nº27 Invierno 2019) [https://www.revistaesmas.com/iglesia-de-san-pedro-de-cea.html] (2019) TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-05-2025) |
|