Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Ferreiros - BARALLA (GALICIA)

(Referencia: 14790)
Lugar de Ferreiros, 28.
27686 BARALLA

Descricion O templo parroquial de Ferreiros sufriu enormes reformas as que produciran nel o desvirtuamento dunha igrexa barroca de pouco valor.

Posúe, como a maioría, adro-cemiterio arredor de si e ten planta rectangular.

A porta de acceso, hoxe cuberta cun cabido moderno, é adintelada, e leva por remate unha pequena e sinxela espadana con tres ocos, dous para campás (hoxe está ocupado un) e un de remate superior.

O presbiterio é a zona máis elevada da igrexa, tamén cuberto, pero a catro augas. Como acceso ata el, ábrese un arco triunfal de medio punto, que vai sustentado sobre pilastras con saíntes impostas.

Ferreiros non conta con retablo, e posúe, no apartado iconográfico relixioso, un san Pedro, revestido de vestiduras pontificias, e unha Virxe dos Remedios con peaña de nimbos.

No que atinxe á ourivería, unha grande cruz parroquial, pero de madeira, completa este apartado. Conta con un copón de misar de prata cicelada, estas dúas pezas do XVIII.

Preto da entrada existe unha pía de bautizar de granito, peza rural moi tosca.
Campás 2 campás.
Autor
  • http://www.concellobaralla.es/ [Igrexa de San Pedro de Ferreiros] (23-06-2025)
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (23-06-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-06-2025)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 26-06-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorMANCLÚS, SALVADOR4553
    EspadanaSAN PEDROPORTILLA, HERMANOS (GAJANO)5072

  • Ficha reducida (PDF)
  • BARALLA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 14-05-2026

    Connectats: 66 Visitants: 66 Usuaris: 0