Inventario de campás
Igrexa de San Mamede de Mañente - PANTÓN (GALICIA)
Referencia 14800
Lugar de Mañente, s/n.
27419 PANTÓN
Referencia 14800
Lugar de Mañente, s/n.
27419 PANTÓN

Descricion Igrexa de planta irregular con teitume a dúas augas, agás o engadido posterior da sancristía que é a catro augas. Posúe os muros laterais rebocados con cal branca cos esquinais a pedra vista.
A fachada principal aparece encintada con cemento. Posúe unha porta de aceso cun arco de medio punto con tímpano liso e xamba sen decoración. Máis arriba unha pequena bufarda horizontal deixa paso a unha espadana de dous vans con arcos de medio punto e remate en cruz pétrea.
No interior podemos ver un retablo maior de estilo rococó que so conserva a fornela central. O retablo esquerdo é da segunda metade do século XVIII.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-07-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | TABOADA, JESÚS (MONEIXAS) | 1871 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 60.00 | 125 |