Igrexa de Santiago de Martín - BALEIRA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Martín - BALEIRA (GALICIA)

Referencia 14807

Lugar da Costa, Martín.
27276 BALEIRA



Web

Descricion A Igrexa ubicada na ladeira dereita do río Martín coroa un outeiro dende o que se pode observar toda a aldea. É un templo espacioso con amplos muros de cachotería de lousa enfoscados.
A nave está cuberta a dúas augas sobre un armazón de madeira en tres planos lonxitudinais amarrados por sete vigas tirantes. Posúe dúas portas alinteladas, unha na fronte e outra no lateral norte. Sobre a fachada erícese suntuoso un campanario dun corpo con dúas troneiras, dúas campás e cimacio cunha troneira. Antes da mesma atópase, protexendo o acceso, o pórtico cuberto a tres vertentes e con tres arcos de medio punto.
O presbiterio, con tellado a catro augas, é máis amplo e alto ca nave e forma un mesmo corpo coa capela da Portería que se estende ó lateral sur. Ésta, presenta arco de medio punto, bóveda de canón e dúas xanelas laterais. O presbiterio ábrese á nave -cuberto por unha cúpula que parte de toscas pechinas angulares- con arco triunfal de medio punto sobre pilastras e impostas. A sancristía, na parte posterior, ten planta semicircular e cuberta cónica similar a unha ábsida románica.
O retábulo maior está formado por dúas columnas lisas, tres encasillamentos e un ático superior; ocupa toda a cabeceira e é de carácter neoclásico. Posúe imaxes de Santiago matamouros, cun árabe ós pés do cabalo; de San Antonio, Santa Lucía, Inmaculada; San Roque e San Antonio Abade. Ademais na nave hai tres retábulos con esculturas de San Xoán Bautista, San Francisco de Asís, Santa con espada e dous relevos de Santa Teresa.
A capela da Portería ten un retábulo barroco do século XVIII, formado por un corpo de catro columnas, tres encasillamentos e un ático semicircular decorado. Alberga varias imaxes: unha Virxe co Neno, unha Virxe con Neno e peaña de tres anxos, dúas tallas de San Xosé con Neno, un San Xosé sen Neno, unha Virxe con Neno e coroa de metal e unha Inmaculada pintada no medio do conxunto.

Campás 3 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-07-2025

3 Fotos

Autor
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-07-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (04-07-2025)
  • www.concellobaleira.es [http://www.concellobaleira.es/portal_localweb/p_109_contenedor_ayto_baleira.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=1259&nivel=1400&layout=p_109_contenedor_ayto_baleira.jsp&codResi=14] (10-07-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás desaparecidas

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.ANÓNIMO (GALICIA)18390.00

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186240.0037
    EspadanaMediana.BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186150.0072
    EspadanaMaior.PORTILLA, HERMANOS (GAJANO)200165.00159