

| | Data de construción |
Século XIX. |
|---|
| Descricion |
Edificación do ano 1897 feita sobre unha anterior adicada á Virxe do Carme. O que hoxe podemos ver é unha reconstrución feita despois dun incendio oocurrido no ano 1950.
Construída en cachotaría e cantaría irregular granítica, esta igrexa presenta planta rectangular cunha soa nave con cuberta a dúas augas. Nos esquinais da mesma vemos dúas pequenas cruces pétreas a xeito de pináculo.
A fachada principal presenta porta lintelada e, sobre ela, unha fiestra. O conxunto remata cunha espadana dun so oco que remata cunha cruz pétrea na cimeira e dúas puntas de diamante nos laterais. |
|---|
| Campás |
1 campá. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (08-07-2025) FRANCO BARROS, Oscar & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2025) |
|