Inventario de campás

Igrexa de San Vicenzo de Rubián de Cima - O INCIO (GALICIA)

(Referencia: 14822)
Lugar Airexe, s/n.
27342 O INCIO


Descricion A Igrexa de San Vicente de Rubián de Cima é unha das construcións patrimoniais máis importantes do Incio. Deseñada na época románica e que conserva varios elementos de posible influencia prerrománica, data do século XIII, segundo os estudosos.
Preto da estrada que vai do Oural á parroquia de Rubián de Cima, situada a 12 quilómetros de Sarria, esta construción do patrimonio cultural do Incio ten unha planta dunha única nave rectangular e unha cabeceira da mesma forma. Arredor, está acompañada por un atrio-cemiterio e unha sancristía no seu lado norte.
Do románico, consérvase a porta principal, que é abucinada e permite o acceso ao interior grazas ás tres arquivoltas superpostas e aos arcos, tanto exterior como interior, que se apoian no muro e nas columnas con bases dóricas, que se apoian, á súa vez, sobre capiteis decorados con motivos vexetais, moi sintetizados e con pouco detalle, o que dá a sensación de sinxeleza.
Pola súa parte, o tímpano desta construción é apuntado e ten un arco que segue as liñas das arquivoltas, como se ve noutros templos, como na Igrexa de San Xulián de Santalla de Bardaos, en San Cristovo de A Cervela e en San Mamede de Vilasouto, todas elas construídas tamén no Incio. Porén, é un dos poucos templos do municipio do Incio que se atopa en bo estado de conservación.
A pesar de ser románica, pódese ver a utilización de materiais como o granito para a parte frontal occidental, as esquinas e as ventas; pero tamén hai presenza de lousa nos muros.

Máis elementos

A Igrexa de San Vicente de Rubián de Cima está gardada por uns muros laterais no seu lado sur que conservan a base de apoio dun posible pórtico.
No seu interior, por outra banda, pódese atopar a cuberta construída a dúas augas soportada por tirantes que cobren a nave, mentres que a ábsida foi reconstruída e levantada en altura.
Aquí dentro conserva un retablo barroco, formado por un só corpo, con varias imaxes talladas a mediados do século XVIII, de aí que se pense que ese é a data de construción da propia igrexa.
Ademais, contén no seu interior dúas ventás por cada lado dos muros laterais construídas con arcos de medio punto e derrame interior. Unha delas, situada na ábsida, que está tapiada, está construída cun arco monolítico que se apoia en columnas rematadas en capiteis con motivos ornamentais. Na da dereita hai caras humanas e na da esquerda represéntanse aves.
Campás 2 campás.
Autor
  • https://sarriaxa.com [https://sarriaxa.com/news/descubrindo-o-patrimonio-igrexa-parroquial-de-san-vicente-de-rubian-de-cima/53875/] (12-11-2023)
  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-07-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-07-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PORTILLA, HERMANOS19795072
    EspadanaMaior.BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186060125

  • Ficha reducida (PDF)
  • O INCIO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 20-05-2026

    Connectats: 151 Visitants: 151 Usuaris: 0