Inventario de campás

Capela de San Mamede - MONFORTE DE LEMOS (GALICIA)

(Referencia: 14823)
Lugar de San Mamede, Fiolleda.
27418 MONFORTE DE LEMOS


Data de construción Século XIX.
Descricion Pequena capela situada no núcleo de San Mamede, fronte a fachada principal da coñecida como Casa do Fidalgo e preto da Casa de Supereiro. Ten cuberta a dúas augas en lousa e muros de cachotaría de pedra vista agás na fachada principal que está revocada con morteiro de cal. Ten unha pequena espadana dun só van construída con cemento. Nos muros vense pezas de cantería con gravados de cruces, vexetais e animais, ademais doutros símbolos pouco claros. Tamén se ve gravada a data de 1886 que algúns consideran como o ano de construción da ermida aínda que chama a atención que, ao contrario que os símbolos citados máis arriba, esta atópase menos marcada polo que puído ser escrita con posterioridade. No interior ten esculturas dos séculos XVII e XVIII de San Mamede e a Virxe do Rosario.
Dise que antigamente a capela, baixo a advocación do mesmo santo, atopábase fóra do núcleo.
Estado actual Moi deteriorada.
Campás 1 campá.
Autor
  • MOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (13-09-2016)
  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-07-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-07-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA18874037

  • Ficha reducida (PDF)
  • MONFORTE DE LEMOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 10-05-2026

    Connectats: 36 Visitants: 36 Usuaris: 0