
| | Descricion |
Igrexa parroquial románica, situada nun pequeno outeiriño, de planta rectangular con muros de pedra granítica e con cuberta a dúas augas de lousas de pizarra sobre estructura de madeira.
Ten unha aspilleira en cada lateral, cun derrame interior de perfil cadrado. Conserva comixa sobre modillóns toscos, algúns historiados (cabezas de animáis, humanas, frores, esferas, etc.).
No lateral sur ten unha porta tapiada con arco de medio punto sen impostas e sobre ela catro ménsulas, resto do desaparecido porche.
Ten piso de madeira e un coro alto ós pes. Pía bautismal de 1980, o frontis é de 1927 con porta alintelada e espadana dun van.
A ábsida é máis baixa e reducida, de pranta rectangular, ten comixa sobre modillóns similares ós da nave; unha fiestra no lateral sur. No lenzo posterior hai unha arquivolta de moldura tórica, protexida por unha figura saínte biselada, descansando dita arquivolta sobre impostas e capiteis de follas, tendo desaparecido as columnas correspondentes. Ten un arco triunfal dobre, de sección triangular, con impostas sinxelas, sobre pilastras. Sobre o arco triunfal hai unha aspilleira. |
|---|
| Campás |
1 campá. |
|---|
| AutorPXOM de O Corgo (19-05-2015) MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-07-2025) |
|