

| | Descricion |
Igrexa construída a finais do século XII. Conta cunha nave románica de planta rectangular cuberta con bóveda de canón e arco trunfal de madeira do século XVIII. No exterior conserva a nave románica case completa, a fachada con porta de arco de medio punto, e a fiestra ten un remate en hastial. A torre-campanario atópase no lateral. Os laterais posúen contrafortes, aleiro con cancelos, e unha fiestra con derrame exterior.
No muro do adro consérvanse catro frontais de baldaquino. A Capela maior é máis alta, con cuberta a catro augas. No testeiro figura un epígrafe con data 1787
A igrexa foi obxecto de reconstrucións posteriores, nas que se transformou a ábsida. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET [
] (09-10-2013) TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-07-2025) |
|