Santuario dos Milagres de Requián - A ESTRADA (GALICIA)

Inventario de campás

Santuario dos Milagres de Requián - A ESTRADA (GALICIA)

Referencia 14871

Lugar de Requián, Frades.
36683 A ESTRADA


Data de construción Século XVIII.

Descricion Capela construída no século XVIII, aproveitando un lugar de paso por esta zona dos peregrinos que ían cara a Santiago. Ten planta de cruz latina e está feita a base de sillería e perpiaño granítico. Cuberta de tella curva no teito que vai a dúas augas, agás na caída dos corpos do transepto que vai a tres. Porta alintelada e recercada con molduras nas xambas e con orelleiras caixeadas nas esquinas superiores. Fachada con pouca decoración que amosa un van cadrado con derrame no centro, e riba del, adornos de placas na base da espadana. Remata o cume do hastial con sobrepenas e pináculos de bóla nas esquinas. Espadana de dous corpos sobre base rectangular na cimeira da fachada. Leva dous vans para as campás con arcos de medio punto e adornos de pequena balaustrada. Remata a parte superior con gablete moldurado e pináculos de bóla en esquinas, e outro no cume, do que se levanta unha cruz de forxa con catavento. Ao seu carón podemos apreciar unhas sobreiras de gran porte.
A romaxe dos Milagres de Requián celébrase o 28 de agosto, convocando a milleiros de romeiros. A carón do templo hai unha fonte presidida pola imaxe da Virxe e que ten ademais na parte traseira un lugar para poñer as velas e candeas.

Campás 2 campás.

Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-12-2016)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-08-2025)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, XoséCampás e campaneiros da Estrada2023
    GARCÍA, Rocío.Los incendios pillaron a A Estrada con la brigada municipal aún sin activar2025

    Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    PersoaVídeoDataDuración
    TÚÑEZ TANOIRA, PEDRO (FRADES) Toque pola romería do Santuario dos milagres de Requián (Frades) 18-02-2024 02:23
    JANEIRO VILLAVERDE, JESÚS Toque de procesión. 2025 01:50

    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 13-08-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO PAZ, ANTONIO184264.00152
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192569.00190