Igrexa de San Salvador de Sande - CARTELLE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Salvador de Sande - CARTELLE (GALICIA)

Referencia 14939

Lugar de Sande, 120.
32823 CARTELLE


Web

Descricion Pouco queda da igrexa románica de Sande. Hoxe barroca, con torre de clara influencia compostelá e nave e ábsida rectangulares, o segundo maior en altura e anchura, tan só conserva unha xanela, reubicada e reconstruída no lado sur da cabeceira, que responde a rasgos románicos. Consta de arco de medio punto, de doble derrame, con rosca en baquetilla.
A igrexa é dunha soa nave e divídese en catro tramos separados ó exterior con contrafortes. A capela maior accédese mediante un arco de medio punto. Tamén no interior pódese ver parte dun interesante artesonado e o retablo maior obra de Francisco Castro Canseco do século XVIII.
Na fachada, por enrriba da porta alintelada adornada con molduras, pódese ver unha escultura en forma de espiga ou racimo sobre unha cruz. Tamén se pode mal ler unha inscrición que nos fala da igrexa pero que non se entende de forma completa. Coroa a fachada unha figura do santo adornada e unha cruz latina. Destaca a torre-campanario de un só corpo con balaustrada e que remata cun cupulín. Xunto á torre tamén vemos un antigo reloxo parado.
Tan escasos restos non permiten unha aproximación cronolóxica máis alá dunha data en torno á primeira metade do século xiii.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-09-2025

1 Foto

Autor
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-09-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-09-2025)
  • www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Sande.pdf] (21-09-2025)
  • www.galiciamaxica.eu [https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/sandeiglesia/] (21-09-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.RUIZ187360.00125
    Torre-campanarioMaior.RUIZ187365.00159