Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Zos - TRASMIRAS (GALICIA)

(Referencia: 14971)
Lugar de Zos, s/n.
32695 TRASMIRAS

Descricion Un dos templos máis bonitos de toda a Limia se asenta no alto dun outeiro, no medio da chaira, sendo ese outeiro un castro recoñecido e recoñecible. O templo é unha marabilla e consta dunha soa nave a dúas augas na que o presbiterio é lixeiramente máis estreito e baixo que a nave, logo das reformas do século XVIII. Polo resto, conserva boa parte dos aditamentos de arte románica, como os diversos canzorros e, sobre todo, a fachada principal, onde a porta arquitrabada ofrece ata seis arquivoltas, con varias columnas con capiteis do gusto da época e figuras estrañas. Moldurada con dentes de lobo e outras figuras medievais, é unha marabilla visual. A fachada remata nunha espadana non moi grande de dous ocos grandes e outro pequeno no vértice, onde se asenta unha pequena cruz de pedra. Na porta lateral, tamén arquitrabada, ten un tímpano que semella ser un entrelazado dobre formando unha figura xeométrica moi típica da idade do ferro de Galicia, co que pode ser unha pedra reaproveitada do castro onde se asenta a igrexa. Tan chamativa é a pedra que incluso un dos capiteis da porta principal emula ou copia o deseño de tal pedra antiga.
Campás 2 campás.
Autor
  • RÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/117972/2025/03/santa-maria-de-zos/] (13-03-2025)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-10-2025)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 09-10-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO LEMOS, ANTONIO19605072
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)192860125

  • Ficha reducida (PDF)
  • TRASMIRAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 09-05-2026

    Connectats: 48 Visitants: 47 Usuaris: 1 - servidor