

| | Descricion |
Capela de nave rectangular. Posúe unha ábsida estreita en relación á súa planta para gañar en altura concretándose o seu remate por medio dunha cuberta a catro augas flanqueadas por outros tantos pináculos rematados en bola. Adosado ao altar maior, un pequeno edificio de planta terrea con cuberta a dúas augas, pilastras angulares e paramentos recebados e encalados, ao igual que o resto do inmoble.
Os muros laterais da nave alternan contrafortes e ventanais alongados que deixan espazo a unha porta de acceso lateral coroada por un óculo enmarcado nunha cruz grega.
A súa fachada, de estilo barroquizante, conta cun soportal a tres augas apoiado en dúas columnas. Sobre el, de novo a mesma tipoloxía de óculo precedendo en altura a unha espadana de dúas alturas e deseño neoclásico.
A capela foi ampliada no ano 1951 baixo o deseño do arquitecto Antonio Comingues. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (23-03-2013) CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-10-2025) |
|