Igrexa de Santa María da Rasela - VERÍN (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María da Rasela - VERÍN (GALICIA)

Referencia 14980

Lugar da Rasela, 35.
32627 VERÍN


Web

Descricion Capela de planta rectangular levantada no centro da aldea que posúe o seu altar máis elevado ca nave gornecida por unha cuberta a dúas vertentes: os seus muros alternan o perpiaño concertado (opus vittalum) co de boa calidade (opus quadratum). Na fachada principal (disponse a única porta de acceso gorecida por un elegante arco apuntado. Os demais ocos do edificio -todos eles en forma de xanelos- preséntanse abucinados.
A súa fachada remátase en altura por medio dunha espadana dun amplo oco rematado nun frontón triangular que precede a unha cruz latina sen figuración que conclúe a lectura vertical do conxunto. Pegada ao muro Sur do templo érguese unha capela, protexida por unha cuberta de tres vertentes, que sobresae en planta.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-10-2025

1 Foto

Autor
  • PXOM de Verín [https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/VERIN/documents/27751ca003.pdf (pax. 14).] (07-12-2012)
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-10-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA1995ca55.0096