Inventario de campás
Capela do monte Alba - VIGO (GALICIA)
Referencia 14981
Lugar do Monte Alba, s/n.
36315 VIGO
Referencia 14981
Lugar do Monte Alba, s/n.
36315 VIGO


Descricion Trátase dunha ermida de cantaría con bloques non sempre regulares, e con planta rectangular, un maior de 9,1 por 7 metros e o outro de 7,2 por 6 metros. Antano formaba parte dunha fortaleza medieval que ocupaba o cume. Esta pertencía á casa dos “Valladares” e levaba o nome de Castelo do Alba.
Na fachada atópase un escudo da capela, co seu campo xadrezado e as armas da familia dos “Valladares”.
Nela venérase á nosa Señora da Alba e a San Bartolomeu.
No interior, un dos perpiaños de pedra reutilizado, encaixado nun muro de contención próximo á ermida, posúe un gravado considerado un taboleiro de xogo do denominado “alquerque do seis”.
Tamén se atoparon moedas medievais localizadas no cume do monte e vertentes inmediatas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 22-10-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Campanil lateral dereito. | Unica. | JERÓNIMO, SERAFIM DA SILVA | 1996 | 40.00 | 37 |
| Espadana | Unica. | ROSAS, MANUEL | 1948 | 45.00 | 53 |